Tuesday 14 de May de 2024

O Concello entrega no David Buján unha docena de premios do XXIV CERTAME LITERARIO DE POESÍA E NARRACIÓN BREVE, CAMBRE 2017


IES David Buján, acolleu a entrega de premios do XXIV edición do Certame Literario de Poesía e Narración breve, organizado polos dous institutos de Educación Secundaria do Concello de Cambre, Afonso X “O Sabio” e David Buján, e a Concellería de Cultura, Deportes e Mobilidade do Concello de Cambre.

O conceleiro de Cultura, Daniel Carballada, acudiu ao acto de entrega de premios no IES dos Campóns acompañado polos responsables do centro, mestres e pais e nais dos alumnos premiados. Destaca a participación deste ano e a alta calidade dos escritos literarios.

O xurado coordinado por dona Pilar Tobar Conde, acordou propoñer a concesión dos seguintes premios:

POESÍA
POESÍA – Categoría A (de 12 a 14 anos)
Premio Pseudónimo Título Centro
1.º Premio Andy da Fonte Amor e cinza IES A Pobra do Caramiñal
2.º Premio Champones Alfinetes harmónicos Colexio Apóstol Santiago de Vigo

POESÍA – Categoría B (de 15 a 18 anos)
Premio Pseudónimo Título Centro
1.º Premio Éxodo Éxodo. Poema en tres planos Colexio Peleteiro de Santiago
2.º Premio Afecto placebo Sen título IES David Buján de Cambre

POESÍA – Categoría C (de 19 a 26 anos)
Premio Pseudónimo Título Centro
1.º Premio Ishtar Sete formas de disparar un revólver Universidade Politécnica de Madrid
2.º Premio O relento da consigna Sen titulo Universidade de Santiago de Compostela

NARRACIÓN
NARRACIÓN – Categoría A (de 12 a 14 anos)
Premio Pseudónimo Título Centro
1.º premio Mel Interrogación nunha rúa mollada IES Valle Inclán de Pontevedra
2.º premio Violeta Da lúa ao sol Colexio Andaina de Culleredo

NARRACIÓN – Categoría B (de 15 a 18 anos)
Premio Pseudónimo Título Centro
1.º premio Quimera A tenda de discos IES do Castro (Vigo)
2.º premio Cabaza Roxa Sen titulo IES David Buján de Cambre

NARRACIÓN – Categoría C (de 19 a 26 anos)
Premio Pseudónimo Título Centro
1.º Premio Xiabre Tentación Vermella Universidade de Santiago
2.º Premio Versos de lúa O Continente Cecebre – Cambre